martes, 4 de mayo de 2010

"Asasinato no Orient Express" de Agatha Christie


Unha das novelas de misterio máis famosas da historia da literatura. Un tren atrapado na neve no que se comete un terrible asasinato e no que son sospeitosos todos os viaxeiros do tren.  Aparentemente un misterio insoluble, pero... Nese tren viaxa Hercules Poirot, o detective belga, o cal porá todo o seu inxenio á hora de resolver o crime.
O final? ... Inesperado como todos os finais desta gran novelista.
Un peso se acertas quen foi o asasino.

!Escribide os vosos comentarios sobre esta fantástica novela¡

martes, 30 de junio de 2009

TRAS DO SOLPOR

Esta é a primeira tradución á lingua galega dun dos escritores de moda, o xaponés Haruki Murakami.

A soidade e a procura do cariño ou do amor son algúns dos temas sobor dos que volve o autor en Tras do solpor, que transcorre nunha gran cidade cando o día deixa paso á noite e, como se dunha cámara cinematográfica se tratase, imos seguindo e coñecendo devagar unha serie de personaxes. Mari, cuxa irmá leva dous días a durmir de xeito misterioso, vaise atopando con outras persoas coas que vai ir intercambiando segredos e fragmentos das súas vidas, como un mozo que ensaia co seu grupo musical, unha muller que traballa nun love hotel...

Atrévete co mundo imaxinario de Murakami.


FESTINA LENTE

Festina lente, expresión latina que significa “Apúrate sen présa”, é a historia da vida do encadernador do século XVII Armando Cavaleiro, a partir do intre en que sendo un rapaz abandona Pontedeume e se vai a Santiago, onde vivirá o resto dos seus días. Cavaleiro conveterase nun solitario amante dos libros, pero non poderá permanecer á marxe do que acontece na cidade: as persecucións da Inquisición e un enfrontamento a vida ou morte entre os membros dunha sociedade secreta pola posesión dun misterioso códice.

Festina lente é unha novela para os que xa tedes o hábito da lectura “inoculado” nas veas: escrita nun galego moi coidado, disfrutaredes con ela e ao mesmo tempo iredes coñecendo un algo máis a Galicia do século XVII, a arte da encadernación, os libros prohibidos que circulaban polo país, a forma de actuar do Santo Oficio, a relación entre os mestres artesáns e os seus aprendices...

ESTADES ANTE UN DOS LIBROS MÁIS PREMIADOS DO ANO 2009, LÉDEO SEN PRÉSA!


jueves, 25 de junio de 2009

"El síndrome de Mozart" de Gonzalo Moure


Irene conoce a Tomi, un chico con un gran talento, mediante un diálogo tocando la armónica y el violín. En él descubre no sólo que es posible que tenga el síndrome que tuvo Mozart, sino también el poder de la música.

Anímate a leerlo, especialmente si estudias Música, te aportará una nueva visión de la misma y te sentirás identificado en algunos pasajes.

"El almacén de las palabras terribles" de Elia Barceló

Talia ya no aguanta más: sus padres se dicen cosas espantosas, nunca se callan. Y estalla. Y luego… ¿qué? ¿qué hacer cuando se han pronunciado unas palabras tan terribles que nunca se podrán olvidar? Por su culpa, su madre se ha ido y nunca volverá. Lo ha estropeado todo.

Sin embargo, no todo está perdido. Hay un lugar donde aprender, donde cambiar el sentido de las palabras. Pero debe ir sola. Está decidido: irá allí. Afortunadamente para ella, Pablo tiene su mismo problema y podrán aprender juntos. Para el chico todo será más difícil ¿por qué? ¿qué es lo que hace diferente a Talia? Descúbrelo en esta emocionante historia.


jueves, 18 de junio de 2009

CHAMÁDEME SIMBAD



O verán é a mellor época para emprender todo tipo de singraduras e diso quen máis sabe é Simbad, o navegante dos antiquísimos relatos árabes das Mil e unha noites, quen logo se fixo ancián nostálxico nas páxinas de Se o vello Simbad volvese ás illas, de Álvaro Cunqueiro, e, neste 2009, reaparece coma un neno duns dez anos na novela de Francisco Castro Chamádeme Simbad; un raparigo que "navega" ao encontro do seu avó. Botade man da vosa canoa, da piragua, do batuxo, da dorna ou destes libros-balsa, pero navegade...

NIN CHE CONTO




"E cando espertou, o libro aínda estaba alí", parafraseando o brevísimo relato de Augusto Monterroso queremos animarvos a ler Nin che conto, de Xosé Manuel Ayré, que nos ofrece os máis logrados textos breves da literatura universal e nos descobre a existencia dunha micronarrativa na lingua de Galicia. Cando espertedes, gustaravos saber que o libro segue onda vós.


jueves, 11 de junio de 2009

OS LOBOS DE MOECHE


É unha historia debuxada de Manuel Cráneo sobre o período dos Irmandiños, os galegos rebeldes da Idade Media, pero non fuxades porque non se trata dunha lección de historia, senón dun relato no que atoparedes cantidade de aventuras e entretemento asegurado.
A ilustración pertence ao blog do autor, que por certo deberiades visitar.

A PRAIA DOS AFOGADOS


O comisario Leo Caldas, o protagonista da anterior novela Ollos de auga de Domingo Villar (por certo, xa vai pola sexta edición), percorre de novo Vigo e os arredores na procura do asasino ou asasinos dun mariñeiro que aparece coas mans atadas nunha praia. Esta novela negra de Domingo Villar combina intelixentemente a intriga e o humor, elementos que aseguran que o imos pasar ben este verán coa súa lectura.

viernes, 3 de abril de 2009

"O curioso incidente do can á media noite"

Este libro trata de Cristopher, un rapaz que se enfrenta a un caso de asasinato do can da súa veciña. As preguntas sobre este caso lévano á verdade sobre súa nai e tamén sobre o seu pai. O protagonista vive con seu pai e a súa mascota Tobi (un rata). Ten moitas teimas e medos que irá sobrelevando a medida da novela. É un raparigo con moitos recursos intelectuais, pero costalle moitísimo relacionarse coa xente.

Como opinión persoal añadir que un dos mellores libros que lin en galego. Reconmendolle a todo o mundo que o lea; xa que unha lectura fácil e amena.

miércoles, 4 de marzo de 2009

"La ciudad de las bestias" de Isabel Allende

Xa sabedes, socios e non socios do clube de lectura, que neste trimestre o libro que escollimos é "La ciudad de las bestias"
Se algún de vos quere ir facendo unha pequena autoavaliación do que levades lido, ahí tedes este enlace.

viernes, 8 de agosto de 2008

"La ladrona de libros" de Markus Zusak

"A Morte" é a narradora desta historia sobre unha nena adoptada nunha pequena vila alemana durante a Segunda Guerra Mundial. É un periodo no que a narradora non deixa de traballar, lembrade que ó final da guerra (en só seis anos) tivo que recoller a alma de máis de 45 millóns de personas! Pero aínda así A Morte ten tempo para fixarse nunha nena que no enterro do seu irmanciño rouba un libro, "Manual do sepultureiro", e de ahí ven o seu interés na vida desta nena que nos vai a contar en forma de libro.
A vida na Alemania nazi evidentemente non era doada sobre todo se non pertencías ó partido e se lle gardabas amizade (ou polo menos non odiabas ) ós xudeos. Esto é o que lle pasa á nosa protagonista e ós seus pais de adopción, e esto é o que veremos a través desta novela.
Pero tamén é unha novela sobre a vida e as vivencias dunha rapaza de 10 anos nun ambente hostil pero no que coñece tamén a amizade e o amor.
O autor é moi novo e parece que alonxado da historia, xa que é australiano, e sen embargo nos conta de xeito creible e emocionante esta historia. En parte a explicación está en que moitas partes desta historia teñen a súa orixe en circunstancias reais que os seus pais viviron nesta Alemaña nazi antes de emigrar a Australia.
Gustoume moito e leina dun tirón a pesar de que non é unha novela pequena, quedando atrapado polo carçacter da rapaza e dos seus compañeiros de aventuras, os seus pais adoptivos, o seu amigo xudeo e sobre todo polo seu colega e amigo Rudy...
¡Leedea e disfrutade!

miércoles, 2 de julio de 2008

"¿Sueñan los androides con ovejas eléctricas?" o "Blade Runner" de Phillip K. Dick

Acabo de ler e xa levo tempo desexando facelo outra novela de Phillip K. Dick, a máis famosa pero non por ela senón pola adaptación que para o cine fixo dela o gran Ridley Scott. Falo por suposto de "Blade Runner".
O título orixinal ("Soñan os androides con ovellas eléctricas?") non se correponde para nada co espíritu da película pero si có da novela xa que no mundo no que se desenrola esta extinguíronse os animais e polo tanto un dos bens máis preciados é ter un animal contentándose senón hai diñeiro suficiente con animais eléctricos.
O protagonista igual que na película é un cazador de replicantes que tamén se plantexa a fronteira entre a vida e a cibernética sobre todo cando empeza a namorarse (como na película) dunha androide.
Fáltalle o ritmo da película pero ten doses aínda maiores de imaxinación que na película non poideron plasmar.
Recoméndovos que leades a novela pero que fundamentalmente vexades a película en calqueira das versión que se atopan no mercado (na biblioteca temos dúas delas) xa que ó meu entender é unha das xoias do cine dos últimos tempos.
Poñovos algúns dos enlaces máis salientables en internet da película:
Ficha técnica da película ( en inglés) e en castelán.

Hai un montón de páxinas adicadas a esta película en Internet, xa que se trata dunha verdadeira obra de culto do xénero da ciencia ficción. Ahí van algunhas:
En inglés ou italiano tedes esta; O nome doutra páxina"Lágrimas en la lluvia" fai referncia a unha das esceas claves da película, xa ó remate; Unha páxina con moita información é esta outra; Hai un blog con moita información da película en parte sacada de wikipedia; Unha páxina tremendamente interesante para os amantes do comic ou desta película é esta última...

Mirade a película e logo voltade a disfrutar con esta última escea (a das bágoas na chuvia). Lembrade que Deckart (Harrison Ford) leva toda a película matando ós compañeiros do replicante Roy e quere facer o mesmo con el, pero nesta última escea Roy o vence e cando o ten á súa mercede no alto dun tellado e parece que o vai matar ... (lembrade que os replicantes tiñan data de caducidade e a Roy tocoulle a hora)

lunes, 26 de mayo de 2008

Ramses


Otra novela histórica, es decir cinco, pero esta vez en Egipto, no Roma y de la mano de Christian Jaq, que domina bastante del tema. Dejé de leerlos la primra vez porque me leí el cuarto antes del tercero y me entere de cierta muerte que..hizo que decidiese parar por un tiempo y empezar de cero ahora (por ejemplo). Para mi los tres que leí son geniales, me gusta el escritor y a traves de el llegó a gustarme muchisimo Egipto en su momento. Tambien recomiendo los del juez Pazair, del mismo autor.

viernes, 23 de mayo de 2008

"El hombre en el castillo" de Phillip K. Dick

Trátase dunha novela especial. É de Ciencia Ficción, pero no fondo máis ben é de Política Ficción ou de Historia Ficción. Responde á pregunta ¿Que pasaría si...?
Pois ben, que tería pasado si a 2ª Guerra Mundial rematase de xeito distinto e os alemáns e os xaponeses foran os vencedores. Pois o que vemos na novela. Teríamos un mundo dividido no que Europa e África están baixo o control de Alemaña e Asia baixo o control de Xapón. ¿E América? Pois ben estaría dividida en dúas zonas a América do Atlántico gobernada por Alemaña e a do Pacífico gobernada por Xapón.
Os protagonistas da novela viven nesta "Nova Orde Mundial" nos antigos EEUU, e con eles asistimos a como sería este futuro terrible, sen estridencias e con moito realismo, e de fondo,... Todos falan dela e todos a están a ler, unha novela perturbadora, prohibida polos alemáns e tolerada polos xaponeses. "A langosta está pousada" é a obra dun enigmático home que viven como el indica "nun castelo"protexido de todos aqueles que o queren matar....
A novela serve para que reflexionemos sobre ese que pasaría si ... e así ó mellor valoramos doutro xeito o que foi este axitado século XX do que procedemos os homes e mulleres do século XXI

martes, 20 de mayo de 2008

Juego de tronos ( Canción de hielo y fuego 1 )


Este es el titulo del primer libro de la saga Canción de hielo y fuego del escritor estadounidense George R. R. Martin. Este libro esta considerado dentro del genero de la baja fantasia como una grandisima obra. La historia nos situa en la peninsula de Poniente en los Siete Reinos, tras la rebolución llevada a cabo por Robert Baratheon contra la casa reinante,los Targaryen,este se proclamo rey.Su reinado fue uno de los mas pacificos que se recuerdan en Poniente.Pero los protagonistas de este libro, lejos de ser esos inmaculados héroes de fantasia que solo buscan acabar con el mal y son buenas personas,se tratan de humanos con pasiones y ambicones en ocasiones desmedidas.Es por ello por lo que se fraguan una serie de conspiraciones y concubernios para alcanzar el poder.Mientras esto ocurre,en el frio norte algo terrible y ancestral comienza a despertar.

En definitiva se trata de un libro en que las ambiciones,pasiones,venganzas y demas estan a la orden del dia y son la trama central del libro y sus personajes a pesar de estar teñido de ciertos elementos magicos cada vez mas presentes a medida que avanza la saga.

Una lactura que por su crudeza y sus similitudes con la realidad no deja indiferente y que recomiendo encarecidamente que sea leída guste o no el genero fantastico.

miércoles, 30 de abril de 2008

Roma




Tras mucho insistir y alabar a la escritora, un amigo me convenció para que leyese "El primer hombre de Roma", dejándome claro que podía dejarlo cuando quisiese o me cansase. Y no los leí todos, por eso de que lo vas dejando, lo vas dejando...y definitivamente lo dejas.

Es un ciclo de novelas con una gran base histórica de la época final de la república romana, Mario, Sila, Pompeyo y César fueron los principales protagonistas de los tres que yo leí.

Tres libros geniales, aunque a veces densos, que te muestran cómo era Roma, sus intrigas, traiciones, amores...Hay de todo un poco, batallas, conspiraciones sobre conspiraciones, asesinatos...

Solo apto para aquellos aquienes les guste la Historia o las novelas muy largas, pero merece la pena.




Harry Potter y las reliquias de la muerte





Te despiertas, te pones las gafas, corres a la terraza, abres el libro y te vas a un mundo magico escondido en el de todos los días. Asi fué con el primero de los siete, hace unos nueve veranos... Tenia diez años. Ahora, a 11 días de los veinte, por fin leí el séptimo y esperado final de la saga.


¿Lo mejor del libro? Pues, personalmente, que es más rápido que los otros seis, desde el principio pasa de todo. Por fin te explican todo, por fin acaba todo... y los niños dejan de ser niños.


¿Lo peor? Pues supongo que lo malo es que esta vez se acaba, y aunque me alegra poder poner un final a la historia, echaré de menos esperar por el siguiente, como tube que hacer desde el tercero.


Lo que está claro, es que tengas 9 o 30 años, merece la pena leerlo, pero no sin antes leer los siete anteriores.