martes, 30 de junio de 2009

FESTINA LENTE

Festina lente, expresión latina que significa “Apúrate sen présa”, é a historia da vida do encadernador do século XVII Armando Cavaleiro, a partir do intre en que sendo un rapaz abandona Pontedeume e se vai a Santiago, onde vivirá o resto dos seus días. Cavaleiro conveterase nun solitario amante dos libros, pero non poderá permanecer á marxe do que acontece na cidade: as persecucións da Inquisición e un enfrontamento a vida ou morte entre os membros dunha sociedade secreta pola posesión dun misterioso códice.

Festina lente é unha novela para os que xa tedes o hábito da lectura “inoculado” nas veas: escrita nun galego moi coidado, disfrutaredes con ela e ao mesmo tempo iredes coñecendo un algo máis a Galicia do século XVII, a arte da encadernación, os libros prohibidos que circulaban polo país, a forma de actuar do Santo Oficio, a relación entre os mestres artesáns e os seus aprendices...

ESTADES ANTE UN DOS LIBROS MÁIS PREMIADOS DO ANO 2009, LÉDEO SEN PRÉSA!


0 comentarios: