viernes, 3 de abril de 2009

"O curioso incidente do can á media noite"

Este libro trata de Cristopher, un rapaz que se enfrenta a un caso de asasinato do can da súa veciña. As preguntas sobre este caso lévano á verdade sobre súa nai e tamén sobre o seu pai. O protagonista vive con seu pai e a súa mascota Tobi (un rata). Ten moitas teimas e medos que irá sobrelevando a medida da novela. É un raparigo con moitos recursos intelectuais, pero costalle moitísimo relacionarse coa xente.

Como opinión persoal añadir que un dos mellores libros que lin en galego. Reconmendolle a todo o mundo que o lea; xa que unha lectura fácil e amena.

1 comentarios:

Xan dijo...

Fai algún tempo que o leín e tamén me impresionou.
As habilidades tan estranas do rapaz, a súa forma de ver as cousas, os seus sentimentos,... todo fai da historia de Cristopher unha pequena maravilla.