viernes, 8 de agosto de 2008

"La ladrona de libros" de Markus Zusak

"A Morte" é a narradora desta historia sobre unha nena adoptada nunha pequena vila alemana durante a Segunda Guerra Mundial. É un periodo no que a narradora non deixa de traballar, lembrade que ó final da guerra (en só seis anos) tivo que recoller a alma de máis de 45 millóns de personas! Pero aínda así A Morte ten tempo para fixarse nunha nena que no enterro do seu irmanciño rouba un libro, "Manual do sepultureiro", e de ahí ven o seu interés na vida desta nena que nos vai a contar en forma de libro.
A vida na Alemania nazi evidentemente non era doada sobre todo se non pertencías ó partido e se lle gardabas amizade (ou polo menos non odiabas ) ós xudeos. Esto é o que lle pasa á nosa protagonista e ós seus pais de adopción, e esto é o que veremos a través desta novela.
Pero tamén é unha novela sobre a vida e as vivencias dunha rapaza de 10 anos nun ambente hostil pero no que coñece tamén a amizade e o amor.
O autor é moi novo e parece que alonxado da historia, xa que é australiano, e sen embargo nos conta de xeito creible e emocionante esta historia. En parte a explicación está en que moitas partes desta historia teñen a súa orixe en circunstancias reais que os seus pais viviron nesta Alemaña nazi antes de emigrar a Australia.
Gustoume moito e leina dun tirón a pesar de que non é unha novela pequena, quedando atrapado polo carçacter da rapaza e dos seus compañeiros de aventuras, os seus pais adoptivos, o seu amigo xudeo e sobre todo polo seu colega e amigo Rudy...
¡Leedea e disfrutade!