miércoles, 2 de julio de 2008

"¿Sueñan los androides con ovejas eléctricas?" o "Blade Runner" de Phillip K. Dick

Acabo de ler e xa levo tempo desexando facelo outra novela de Phillip K. Dick, a máis famosa pero non por ela senón pola adaptación que para o cine fixo dela o gran Ridley Scott. Falo por suposto de "Blade Runner".
O título orixinal ("Soñan os androides con ovellas eléctricas?") non se correponde para nada co espíritu da película pero si có da novela xa que no mundo no que se desenrola esta extinguíronse os animais e polo tanto un dos bens máis preciados é ter un animal contentándose senón hai diñeiro suficiente con animais eléctricos.
O protagonista igual que na película é un cazador de replicantes que tamén se plantexa a fronteira entre a vida e a cibernética sobre todo cando empeza a namorarse (como na película) dunha androide.
Fáltalle o ritmo da película pero ten doses aínda maiores de imaxinación que na película non poideron plasmar.
Recoméndovos que leades a novela pero que fundamentalmente vexades a película en calqueira das versión que se atopan no mercado (na biblioteca temos dúas delas) xa que ó meu entender é unha das xoias do cine dos últimos tempos.
Poñovos algúns dos enlaces máis salientables en internet da película:
Ficha técnica da película ( en inglés) e en castelán.

Hai un montón de páxinas adicadas a esta película en Internet, xa que se trata dunha verdadeira obra de culto do xénero da ciencia ficción. Ahí van algunhas:
En inglés ou italiano tedes esta; O nome doutra páxina"Lágrimas en la lluvia" fai referncia a unha das esceas claves da película, xa ó remate; Unha páxina con moita información é esta outra; Hai un blog con moita información da película en parte sacada de wikipedia; Unha páxina tremendamente interesante para os amantes do comic ou desta película é esta última...

Mirade a película e logo voltade a disfrutar con esta última escea (a das bágoas na chuvia). Lembrade que Deckart (Harrison Ford) leva toda a película matando ós compañeiros do replicante Roy e quere facer o mesmo con el, pero nesta última escea Roy o vence e cando o ten á súa mercede no alto dun tellado e parece que o vai matar ... (lembrade que os replicantes tiñan data de caducidade e a Roy tocoulle a hora)