viernes, 23 de mayo de 2008

"El hombre en el castillo" de Phillip K. Dick

Trátase dunha novela especial. É de Ciencia Ficción, pero no fondo máis ben é de Política Ficción ou de Historia Ficción. Responde á pregunta ¿Que pasaría si...?
Pois ben, que tería pasado si a 2ª Guerra Mundial rematase de xeito distinto e os alemáns e os xaponeses foran os vencedores. Pois o que vemos na novela. Teríamos un mundo dividido no que Europa e África están baixo o control de Alemaña e Asia baixo o control de Xapón. ¿E América? Pois ben estaría dividida en dúas zonas a América do Atlántico gobernada por Alemaña e a do Pacífico gobernada por Xapón.
Os protagonistas da novela viven nesta "Nova Orde Mundial" nos antigos EEUU, e con eles asistimos a como sería este futuro terrible, sen estridencias e con moito realismo, e de fondo,... Todos falan dela e todos a están a ler, unha novela perturbadora, prohibida polos alemáns e tolerada polos xaponeses. "A langosta está pousada" é a obra dun enigmático home que viven como el indica "nun castelo"protexido de todos aqueles que o queren matar....
A novela serve para que reflexionemos sobre ese que pasaría si ... e así ó mellor valoramos doutro xeito o que foi este axitado século XX do que procedemos os homes e mulleres do século XXI

0 comentarios: